CRONICA DO NARON FREIXO A- GALICIA DE CARANZA BENXAMINS

descarga(3)

NARON FREIXO A – GALICIA DE CARANZA (BENXAMIN)

Estadio de Río Seco, Sábado 24 de OUTUBRO

Partido completo dos benxamins do Freixo que dominaron desde o saque inicial ata o asubío final.

A primeira xogada do partido, o balón despexado pola defensa acaba saíndo pola liña de fondo. No saque de corner, Hector entra ao segundo pau e remata sen oposición. Nada máis sacar de medio, Hugo está máis rápido e adiántase á defensa, para plantarse diante do porteiro, regatealo pisando o balón e empuxando o segundo ao fondo da rede.

Os locais dominaban o balón, movendo ao primeiro toque e no minuto catro, rouba Hugo na frontal e bate de novo ao porteiro visitante de vaselina para poñer o terceiro no marcador. Desde este momento, os visitantes comezaron a estirar o equipo un pouco, pero a presión no medio campo dos Benxamins do Freixo era moi difícil de superar, as ocasións sucedíanse e o porteiro visitante, cun par de boas intervencións, salvaba ao seu equipo de encaixar un novo gol. Pero no minuto once, nada podía facer ante un disparo cruzado de Hugo, que conseguía o seu hattrick.

O dominio local, acentuábase e os pequenos do Galicia non baixaban os brazos e seguían pelexando, pero no minuto 18 un pase desde a esquerda, deixa só a Raúl na área e bate ao porteiro visitante por baixo, para poñer o quinto na conta dos Benxamins do Freixo.

A primeira parte, pechábase cunha gran xogada por banda esquerda dos locais, que deixaba só para empuxar o sexto na liña de gol a Sergio.

A segunda parte, comezaba igual que a primeira, cos Benxamins do Freixo dominando o centro do campo, movendo o balón de esquerda a dereita ao primeiro toque e no minuto dous, unha xogada pola esquerda, con centro á área, deixaba a Raúl só diante do porteiro para empuxar o balón ao fondo da rede.

O Galicia, pelexaba e non se rendía, lograba tocar un pouco máis o balón e no minuto 36, unha xogada por banda dereita con centro á área, era empuxada en liña de gol por Aaron, para conseguir o gol da honra, aínda que na seguinte xogada, os locais conseguían o oitavo por medio de Sergio.

De aquí ao final, dous goles consecutivos de Hugo, nos minutos trinta e nove e corenta, ampliaban a distancia no marcador e deixaban os minutos finais, para que Raúl no corenta e tres e Gabriel no corenta e seis, completasen un doce a un, deixando clara a diferenza habida no terreo de xogo entre ambos os equipos.

O Freixo, mantense nos postos de arriba, que dan acceso a entrar no primeiro grupo e finiquita un partido típico da fase inicial, no cal, as diferenzas de idades entre uns e outros, son un hándicap insalvabel.

ALINEACION NARON FREIXO. BENXAMIN A

 

descarga