CRONICA DA GALA DE PRESENTACION DA S.D.C.R NARÓN FREIXO

  O pasado sábado,dia 10, ante mais de 800 persoas, tivo lugar no Pazo da Cultura de Narón a Gala de Presentación da S.D.C.R Narón Freixo.

   O acto contou ca asistencia do primeiro Presidente do Narón Freixo José Sanestéban Pereira, do Alcalde , Tte de Alcalde e da Concelleira de Deportes do Concello de Narón, representantes da Deputación da Coruña de tódolos Grupos Políticos do Concello, do Padroado de Deportes, do Deportivo da Coruña, da Fed. Galega de Fútbol,de Valcarce Siglo XXI como empresa Patrocinadora, e de centos de familias que fixeron que a capacidade do Pazo a piques estivera de quedarse pequena.

  Comezou a Gala cun discurso de D. Xosé Manuel Blanco ,no que recordou os comezos do Freixo e onde animou o equipo a seguir traballando ca mesma ilusión que nestes últimos 23 anos polo deporte en Narón. Acto seguido os presentadores ,Raquel Rodríguez e Manuel Pérez “CANY”, durante as dúas horas que durou o evento foron dando paso a  tódalas categorías da S.D.C.R Narón Freixo, e as actuacións musicais cas que contou o acto, Escola de musica de Laura Morgade , Escola de Bailes de Salón do Padroado de Cultura do Concello de Narón, Grupo de ZUMBA do Narón Freixo ca súa profesora Margaret Vilas a fronte, un acto cheo de emocións e da alegría dos nenos das Escolas de Fútbol do Narón Freixo que foron o centro do acto en todo momento.

Rematou a Gala cun discurso da Directiva onde se recordaron os case que 25 anos de historia do Narón Freixo e que esta é a tempada onde se da o salto o fútbol campo con 7 equipos,ademais de contar con outros nove equipos de Futsal, polo que a Sociedade conta con mais de 190 fichas de nenos federados en Fútbol e Fútbol Sala.