Arriscado, orixinal e moderno. Así é “CORTA EL CABLE ROJO”. Un espectáculo de improvisación onde Carlos Ramos, Salomón e Jose Andrés farán rir sen parar ao público a partir das propostas que o público lles faga durante o show.
Dálles un título e farán unha película. Dálles un nome e farán un poema. Dálles unha profesión e deixarán de pedir na rúa.
Carlos Ramos, Salomón e Jose Andrés crean un espectáculo de improvisación cuxo obxectivo é provocar o maior número de risas por segundo.
Os seus números baséanse nas propostas do público. É arriscado, orixinal e moderno. Un espectáculo co que o Narón O Freixo en colaboración co Comarcal A Fervenza ao fin traeran o vindeiro dia 5 de marzo o Pazo da Cultura de Narón un formato triunfador na Gran Vía Madrileña.
E xa dende hoxe mesmo podes conseguir a tuas entradas nos puntos de venda anticipada, apurate poque isto vai a ser a bomba
.
PUNTOS DE VENDA ANTICIPADA:
- PAVILLÓN DAS LAGOAS
- CANTINA DO ESTADIO DE RÍO SECO
- O MUIÑO DO FABAL (A GÁNDARA)
- VIKOCAS (TENDA DE ROUPA NO CENTRO COMERCIAL ALCAMPO)
- CARNICERÍA MARINA (ESTRADA DE CEDEIRA, FREIXEIRO)
- LOCAL SOCIAL DO COUTO