Este martes día 20 hai novas convocatorias de seleccións Galega e de Ferrolterra.
Pola Selección Galega Sub 15 Femenina está seleccionada a xogadora do Freixo Infantil Laura Testa Roca para participar na sesión de adestramento o vindeiro martes 20 de novembro ás 4 da tarde no Campo Vista Alegre de Boiro.
Na pre-selección de Ferrol Sub 12 Femenina está convocada a xogadora do Freixo Alevín Candela Gómez Seoane para participar na sesión de adestramento o vindeiro martes 20 de novembro ás 7 da tarde no campo da Gándara – Ferrol.

Pola pre-selección de Ferrol Sub 12 Masculina están convocados o xogadores do Freixo Alevín Rubén Piñón Sanz, Diego López Morales e Javier Vázquez López para participar na sesión de adestramento o vindeiro martes 20 de novembro ás 7 da tarde no campo da Gándara – Ferrol.

NORABOA a tod@s.