COMUNICADO S.D.C.R. NARÓN FREIXO

En primeiro lugar, gustaríanos transmitir tranquilidade nestes momentos a toda a familia da S.D.C.R. NARÓN  FREIXO.

O mundo do futbol deu un paso adiante tomando unha medida preventiva extraordinaria para evitar a propagación de COVID-19. A FGF, pola súa banda, SUSPENDEU todos os partidos a nivel autonómico durante os próximos quince días.

A S.D.C.R. NARÓN FREIXO non só apoia a medida, senón que SUSPENDE os ADESTRAMENTOS en todas as súas categorías, tanto en fútbol como en fútbol sala e en Kickboxing ata novo aviso. Así mesmo, instamos a todos os pais e nais a cumprir cos consellos dos profesionais da sanidade para evitar que esta epidemia propáguese e colapse o noso sistema sanitario. É necesario que demostremos responsabilidade social e poñamos o noso granito de area.

Grazas a tod@s pola vosa compresión e colaboración.