COMIENZA LA SEGUNA SEMANA DEL I CAMPUS NARON FREIXO

 

COMIENZA LA SEGUNDA SEMANA DEL I CAMPUS FREIXO

Finalizamos a primeira semana do noso I Campus na cal, os nenos gozaron con multitude de xogos e deportes realizados nas instalacións do pavillón das Lagoas, como baloncesto, rugby, fútbol tenis, badmintón, futbol sala, etc……

img_20160705_1057041

Desde o luns día 11 e ata o venres día 15, estaremos nas instalacións de Río Seco, para que os nenos poidan gozar de novos xogos e deportes e, teñan unhas mañás en grao sumo entretidas. Ademais, durante esta segunda semana, espéranos algunha visita sorpresa, coa cal, non dubidamos que lles vai a encantar.

Lembrámosvos que, teremos formularios á vosa disposición para os que desexen apuntarse esta semana. Podédesllos solicitar a David o mesmo luns, no mesmo Estadio.

Esperámosvos para seguir gozando deste, o noso I Campus Narón – Freixo.