Clinic do RC Celta en Ares

Xa están en marcha os clinics que coma cada Nadal organiza a Fundación Celta de Vigo. Este ano con novidades como son novas sedes e novas datas pensadas para que os máis pequenos disfruten do fútbol e aprendan cos adestradores da Canteira Celeste. Poderán participar nos clinics os rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos  sempre en horario de 10 da mañá a 14 horas.

O obxectivo principal desta actividade é o de achegar a metodoloxía das categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo ós máis pequenos, sempre dende un punto de vista lúdico e de entretemento centrándose na importancia dunha boa alimentación e fomentando aqueles valores positivos que ten o fútbol.

 

CLINIC de NADAL 2014. Celta de Vigo-Concello de Ares

Data: O martes 23 de decembro, en Prados Vellos ( Ares).
Duración: Pola mañá de 10 a 14 horas ( haberá unha parada de 20 min. de
descanso)
Público: Nen@s de 6 a 12 anos.
Prezo: 20 € por participante. ( 15€ no caso de xogadores do Numancia de
Ares ADR e do Galicia de Mugardos SDC). Mínimo de 20 participantes para
poder desenvolver o Clinic.
Agasallos: miniposter con consellos nutricionais e de adestramento, foto
dun xogador do primeiro equipo co seu autógrafo dixital, promocions para
ver partidos do Celta e prazas en diferentes actividades da Fundación (
campus,…)
Instalacións: Campo de fútbol municipal de Prados Vellos. ( No caso de
inclemencias metereolóxicas, disporiamos da instalación deportiva
cuberta do Pavillón deportivo municipal).

Obxectivos:
– Desenrolar e mellorar as capacidades específicas do fútbol (
técnicas, tácticas condicionais e coordinativas).
– Potenciar habilidades individuais e colectivas.
– Fomentar o traballo en equipo.
– Desenrolo deportivo e social dos nen@s.
– Difusión de hábitos alimentarios e de práctica deportiva.

Información e inscripcións en: www.fundacioncelta.com ou no
902104404.
 

 

FOLLA DE INSCRICION