CHOIVA DE METAIS PARA A NOSA SECCIÓN DE KICKBOXING

A pasada fin de semana celebrouse no pavillón Paco Paz de Ourense o campionato galego de kickboxing nas modalidades de tatami. Oito dos nosos se desplazarona ata alí obtendo os seguintes resultados:
 
– Bruno Tuñas Rama, bronce en kicklight e lightcontact categoría cadete menor -42kg.
– Iker Villar Sánchez, prata en lightcontact e bronce en kicklight cadete menor -47kg.
– Carla Fraga Testa, bronce en kicklight e lightcontact cadete maior +65kg.
– Jhon Sales Da Silva ouro en kicklight e bronce en lightcontact junior -57kg.
– Paula Villar Sánchez, ouro en lightcontact e prata en kicklight junior -70kg.
– Adrián Iglesias Fernández, prata en kicklight e lightcontact junior -67kg.
– Rubén Iglesias Fernández, ouro en kicklight e prata en lightcontact senior -63kg.
– Borja Blanco Lestayo prata en kicklight e bronce en lightcontact -79kg.
 

Grandísimos resultados os dos nosos competidores neste campionato do que sairá parte do equipo que representará á nosa comunidade autónoma no campionato de España que se celebrará na cidade de Córdoba o próximo mes de xullo. Desexámoslles moita sorte para esta próxima semana xa que parte deles participarán noutro campionato na localidade cántabra de Laredo nun torneo pertencente á liga Road 2 Glory.