
Non puido ser, nosa kickboxer Paula Villar caeu eliminada nas dúas modalidades nas que competiu a pasada semana no Campionato de Europa Wako.
Paula participou no campionato de Europa formando parte da selección nacional. Na modalidade de lightcontact perdeu contra unha deportista Húngara que se adiantou no marcador no primeiro e parte do segundo asalto o cal fixo imposible que Paula puidese alcanzala.
Na modalidade de kicklight Paula perdeu por diferenza de puntos no segundo asalto #ante a kickboxer irlandesa que a posteriori se coroaría campioa de Europa en ambas as modalidades.
Desde o club queremos felicitar a Paula pola súa gran tempada e animala a que siga coa súa progresión xa que chegar onde ela chegou non é tarefa fácil.














































