Categoría: Portada

Borja Blanco e Adrián Iglesias pelearán mañá en Miño

Mañá día 30 dous dos nosos kickboxers participarán na velada que terá lugar en Miño.
Borja Blanco, pelexará na semifinal do campionato galego de lowkick no peso de 75kg e en caso de gañar, pelexará a final do devandito campionato.
Adrián Iglesias, debutará sobre o ring tras unha dilatada traxectoria sobre o tatami, pelexará tamén na modalidade de lowkick no peso pactado de 68kg.
 
 
 
Desde o noso club desexámoslles moita sorte e animámosvos a todos a que vos acheguedes a presenciar este espectáculo no pavillón de Miño desde as 18:00 e así empuxar aos nosos deportistas desde a bancada.

 

 

 

RESUMEN XORNADA 23-24.11.2019

Os máis pequenos da familia, disputaron o martes un encontro amigable, onde disfrutaron do fútbol. Dende aquí, desexamos felicitar a Rebeca, a adestradora dos máis biberóns, polo gran traballo que leva realizando estes últimos anos. Tamén, agradecer a colaboración dos páis e náis, que sempre están dispostos a botar unha man.

 

Aqué tedes, como cada semán os resultados dos nosos equipos nas diferentes categorías do fútbol sala da nosa sociedade. 

No fútbol, cabe sinalar o remate da fase de grupos nas categorías benxamín e alevín coa clasificación para o primeiro grupo do noso benxamín «B». No fútbol 11, os infantís do Freixo «C» comezaron o seu camiño no grupo que loita polo título, aínda que non puideron sacar nada positivo da súa visita o campo de Sinde, no seu enfrontamento co Val. 

Na máxima categoría do fútbol infantil en galicia, os rapaces adestrados por ROUPI, cedían tres puntos na casa, nun partido marcado pola falta de definición nos metros finais dos de Río Seco, o que deixaban un marcador en contra por un tanto a dous, algo que nos empana a gran primeira volta que esta a realizar o conxunto do Freixo, que se mantén no medio da taboa, con moitas opcións de entrar no grupo que da opción a loita polo título e salvar a categoría no ano do seu estreo. 

Para rematar, deixamos o enlace da entrevista en Río Seco a ROUPI, adestrador do equipo infantil Liga Galega do Freixo. AQUÍ.

RESUMEN XORNADA 16-17.11.2019

Xa temos os resultados dos partidos xogados este fin de semán polos equipos das diferente categorías da S.D.C.R. NARÓN FREIXO. A falta dunha xornada para finalizar a primeira fase nas categorías de fútbol 8, o prebenxamín «A», coa sua victoria fronte o C.D. Cariño, aseguraba matemáticamente a sua participación no primeiro grupo.

Na categoría benxamín, o FREIXO «B» descansaba esta xornada cos deberes feitos e coa clasificación para o primerio grupo no peto. E na categoría Alevín, os leons do Freixo «B» firmaban un gran partido ante o Mugardos no Estadio Municipal de Río Seco, asegurando a súa participación no grupo II a falta da última xornada.

Non foi unha boa xornada para o fútbol 11 da nosa sociedade. O infantil de galega, nunha mala primeira metade, perdía as súas opcións de sacar algo positivo no Municipal Marcos Gómez de Viveiro. Un pequeno tropezón dos xogadores que dirixe Roupi que están a realizar unha gran tempada e o próximo fin de semana reciben en casa ao Bertamiráns en Ríio Seco, donde estamos seguros que van a recuperar o seu xogo e seguirán loitando por un dos oito postos que permiten xogar a fase polo título.

Xa en liga local, destaca o bo partido disputado polo equipo cadete en Transancos. O equipo adestrado por Marco, terminaba o partido cun empate, aínda que era merecedor dun mellor resultado.

 

No fútbol sala, destaca o doble enfrotamento entre os Infantiles e cadetes da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO e o ESTEO F.S. ambos saldados con sendos empates no pavillón de As Lagoas. Na competición local, victorias dos prebenxamín «A» e Benxamín «C» e victoria Alevín «C» que o manten na parte alta da clasificación con catro partidos ganados e unha sola derrota.

 

RESUMEN XORNADA 08-10.11.2019

Fin de semana repleta de partidos nas diferentes competicións para a S.D. C. R. NARÓN FREIXO. Xornada que comezaba o mércores con partidos adiantados e pechábase o domingo cos encontros de fútbol sala.

En fútbol sala, noso equipo cadete que disputa a liga 1ª Galicia Cadete F.S. aínda que non conseguía a vitoria na súa visita ao Stellae, F.S. no Municipal Grupo Escolar, deixaba boas sensacións e un gran partido dos rapaces dirixidos por Bruno e axudado por Bertín.

Na liga Autonómica, os nosos Alevíns conseguían un gran resultado, tras vencer ao A.J. Pombo Hercules por 1 gol a 3, que lles serve para manterse na zona tranquila da táboa con 15 puntos.

En canto ao fútbol, o noso equipo infantil C, non conseguía sacar nada positivo na última xornada da fase de grupos, do seu desprazamento a Mugardos, pero levaba os deberes feitos e tiña asegurada a participación no grupo primeiro que lle permite loitar polo título.

En categoría alevín, bo partido do noso equipo B en Caranza, conseguindo un empate que sabe a pouco despois das numerosas ocasións gozadas durante todo o encontro. Con este punto, seguen cartos na clasificación, con moitas opcións de entrar no grupo segundo.

Por último, destacar o valioso empate conseguido polo infantil en Liga Galega fronte ao Vitoria, F. C. tras un gol de Keko nunha gran segunda parte do equipo de Roupi. Despois de disputadas dez xornadas, o infantil do Freixo, atópase sétimo na clasificación, empatado con equipos como o Lugo e Calasanz a 16 puntos. Gran primeira parte de campionato para un equipo recentemente ascendido a unha competición tan esixente como é unha Liga Galega.

Deixamos as taboas cos resultados dos equipos da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, tanto en FÚTBOL, como en FÚTBOL SALA.

Gran resultado da nosa sección de kickboxing en Gandía

O pasado sábado día 9 seis dos nosos deportistas participaron no II Open Ciudad de Gandía onde se facían con once medallas, dous ouros, catro pratas e cinco bronces.
 
Paula Villar Sánchez gañaba dous ouros, un en kicklight -70kg e lightcontact -65kg, unha prata en lightcontact -70kg e un bronce en kicklight -65kg todas elas na categoría junior feminino.
 
A debutante Paula Fernández Carreras volveu a casa con dúas medallas de prata, unha en kicklight e outra en lightcontact -37kg na categoría cadete menor. Iker Villar Sánchez fíxose cunha medalla de prata en lightcontact e unha de bronce en pointfighting -47kg na categoría cadete menor masculina. Por parte dos senior Borja Blanco Lestayo gañou tres bronces, dous en kicklight -79kg e -84kg e outro en lightcontact -79kg e Francisco Fernández Carreras (tamén debutante) fíxose con outro bronce en kicklight -69kg.
 
Jhon Kleb Sales Da Silva quedou ás portas das medallas tras facer un grandísimo campionato no seu primeiro ano na categoría junior.
 
Unha vez máis desde o noso club queremos felicitar á nosa sección de kickboxing que campionato tras campionato está a lograr grandes éxitos.

 

Página 6 de 39
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 39