Categoría: Portada

ATHENS CHALLENGUE. KICKBOXING. GRECIA

O NARON FREIXO, está en ATENAS. Iker e Paula Villar superaron o control de pesada do Athens Challengue de Atenas Grecia. Esta tarde pelexará Iker na modalidade de pointfight no peso de -47kg en categoría cadete menor. E será mañá cando os dous irmáns pelexarán en kicklight e lightcontact. Paula farao na categoría junior en kicklight e lightcontact +65kg e en kicklight senior -70kg. Iker pola súa banda pelexará kicklight e lightcontact en -42kg na categoría cadete menor.

Moita sorte

IV OPEN CIDADE DE SALAMANCA

A pasada fin de semana desprazouse a nosa sección de kickboxing a Salamanca para a súa primeira competición. Para disputar o IV Open Cidade de Salamanca pertencente á liga Last Round. O resultado foi estupendo xa que Paula Villar Sánchez conseguiu dous ouros nas modalidades de kicklight e lightcontact en categoría junior +65 kg.

Os outros tres membros do club debutaban en competición, así Borja Branco Lestayo conseguía a medalla de bronce en kicklight en categoria senior -79 kg e quedaba apeado en cuartos de final na modalidade de lightcontact por un competidor salmantino con moitísima experiencia que foi elixido como mellor competidor do open.

Iker Villar Sánchez cadete menor de -45 kg quedou eliminado en cuartos de final na modalidade de pointfight e tras ir por diante no marcador durante todo o combate o seu rival empatou no último segundo, isto causou que se fixese un extraround de 1 minuto no que Iker perdeu.

En lightcontact Iker gañou a súa pelexa de cuartos de final clasificándose para semis pero unha indisposición retirouno da competición volvéndose para casa cunha medalla de bronce. Jhon Salgues Dá Silva perdeu as súas pelexas en kicklight e lightcontact en categoría cadete maior -52 Kg ante rivais con moita máis experiencia pero plantándolles cara en todo momento, mesmo na modalidade de kicklight foi por diante no marcador no inicio do combate.

Esta semana compiten Iker e Paula no open de Wako Athens Challengue pertencente ás world series.

2ª FASE CAMPIONATO GALEGO SELECCIÓNS COMARCAIS

O sábado, 26 de Xaneiro, terá lugar en Sarria a segunda fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais na categoría Sub -12 de fútbol-8.

A Selección de Ferrol en categoría femenina dirixida por Alex Piñón e Alberto Bouzamayor, xogará contra A Coruña e Ourense. No equipo departamental, foi convocada a xogadora da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, CANDELA GÓMEZ SEOANE.

Na categoría masculina, Jesús Peña e Ismael Pedreiro, contarán na súa lista de catorce xogadores con tres alevíns da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO. Para defender a portería, RUBÉN PIÑÓN SANZ, e como xogadores de campo, DIEGO LÓPEZ MORALES e JAVIER VÁZQUEZ LÓPEZ, disputarán os partidos contra as seleccións de A Coruña e Pontevedra.

Dende a S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, damos a NORABOA a todos os convocados, en especial, os catro Alevíns da nosa sociedade, esperando e desexando que disfruten da experiencia.

FESTA DE NADAL

FESTA DE NADAL

O vindeiro mércores, 26 de Decembro, a S.D. C. R. NARÓN O FREIXO, celebrará a súa tradicional festa de NADAL para toda a familia do club. Desde as 17.00 e ata as 21.00 horas, esperámosvos a todos e todas en MARINOLANDIA, onde teremos merenda e bebidas e os nenos e nenas do noso club, poderán gozar dos xogos.

Feliz NAVIDAD

ADESTRAMENTO SELECCIÓN FERROL SUB 12 MASCULINA E FEMENINA

Mañá martes, día 4 de decembro, ás 19.00 horas na Gándara, terá lugar o último adestramento das seleccións de Ferrol, Masculina e Feminina, antes do Campionato de Seleccións Comarcais que se celebrará o xoves, día 6 de decembro.

Para o devandito adestramento, están convocados en categoría masculina, os Alevíns da S.D. C. R. NARÓN O FREIXO:

                                              DIEGO LÓPEZ MORAIS                 RUBÉN PIÑÓN SANZ                  JAVIER VÁZQUEZ LÓPEZ

E, en categoría feminina:

                                                                                                     CANDELA GÓMEZ SEOANE

NORABOA!!!

Page 4 of 18
1 2 3 4 5 6 7 8 18