Categoría: Portada

I CAMPUS VERANO 2018. RUTA EN KAIAK

En primeiro lugar, queremos agradecer a gran acollida que está a ter o noso CAMPUS VERÁN 2018. Aos poucos, a través da nosa páxina web, iremos poñendo as actividades, tanto culturais como deportivas que temos previsto realizar entre o 9 e o 14 de xullo.

RUTA EN KAIAK

Ruta en Kaiak polo Río Eume. A empresa CABANASKDM OCIO ACTIVO, levaranos polo Río Eume, un descenso en contacto coa natureza, en embarcacións autovaciables e insumergibles, para as cales non é necesario ningunha experiencia. Todos os participantes estarán equipados con chaleco salvavidas e medios de seguridade necesarios para garantir unha experiencia segura, supervisada en todo momento polos monitores e co apoio dunha embarcación de motor. Ademais, os pequenos que non desexen realizar o descenso, realizarán diversos xogos cos monitores na beira do río Eume.

 

 

TORNEO VILA DE PONTEDEUME

Onte os  Prebenjamines A xogamos o torneo “Vila de Pontedeume”:

Nos partidos de grupo perdemos o primeiro partido contra o Eume “ B” 1-2, xogamos regular, non combinamos moito á parte da xogada do gol, pero o Eume tampouco fixo un bo partido, os seus dous goles foron de córner.

O segundo partido contra o Cedeira xogamos xa moito mellor, pero eles eran bastante superiores (terminaron subcampións, perderon na final contra o  G.  Caranza por un gol co partido case acabado e con bastante mala sorte, un bote estraño que despistou ao porteiro), os nenos competiron moi moi ben e perdemos 0-2.

A semifinal de consolación contra o As Pontes xogaron realmente ben, gañamos 3-1 e os pequenos tiveron controlado o partido en todo momento.

Na final de consolación contra o Racing de Ferrol aguantamos empatados ata a segunda parte, que xa se nos fixo costa arriba, porque os peques estaban xa bastante cansos e acabamos perdendo 1-3.

Portáronse todos xenial, e creo que o gozaron moito.

CAMPUS LSA LETONIA

Mais de cen nenos no campus de LSA celebrado en Riga, Letonia fai quince días. Enric Barri e Fede Bessone, ambos na foto, tamén estarán connosco no noso CAMPUS de Verán 2018, ademais de moitas máis sorpresas e actividades culturais e deportivas que estamos a preparar. Será unha gran experiencia.

Reserva a túa Praza!

 

TORNEO FUTBOL BASE CEDEIRA 2018

Xornada de convivencia entre os xuvenís e os cadetes da SDCR NARÓN O FREIXO, o sábado 2 de xuño en Cedeira.

ENTREGA TROFEOS PORTEROS SDCR NARON O FREIXO

Unha tempada máis que finaliza e, o noso adestrador de porteiros, fai entrega dun recordo para todos os porteiros da SDCR NARÓN O FREIXO. Un detalle que encantou a maiores e, sobre todo aos máis pequenos.

 

Página 35 de 39
1 31 32 33 34 35 36 37 38 39