Categoría: Portada

Paula Villar queda apeada en primeira rolda no campeonato de Europa

Non puido ser, nosa  kickboxer Paula Villar caeu eliminada nas dúas modalidades nas que competiu a pasada semana no Campionato de Europa  Wako.
Paula participou no campionato de Europa formando parte da selección nacional. Na modalidade de  lightcontact perdeu contra unha deportista Húngara que se adiantou no marcador no primeiro e parte do segundo asalto o cal fixo imposible que Paula puidese alcanzala.
Na modalidade de  kicklight Paula perdeu por diferenza de puntos no segundo asalto #ante a  kickboxer irlandesa que a posteriori se coroaría campioa de Europa en ambas as modalidades.

Desde o club queremos felicitar a Paula pola súa gran tempada e animala a que siga coa súa progresión xa que chegar onde ela chegou non é tarefa fácil.

HOMENAXE A JORGE “NANO”

JORGE LÓPEZ MÉNDEZ, máis coñecido como Jorge “Nano”, empezou a súa carreira deportiva no Estrela con 11 anos en categoría infantil. Aos 16 anos, ficha polo Racing de Ferrol, disputando tres tempadas en categoría xuvenil en División de Honra, xogando o primeiro ano fase de ascenso a sub-19.

Con 16 anos, foi seleccionado para a concentración da pre-selección española, realizada en Madrid e forma parte da selección galega sub-16 que representa a España no Munidalito celebrado en Venezuela.

Realizando a pretemporada co primeiro equipo do Racing de Ferrol durante catro tempadas, é cedido ao Somozas para disputar dúas tempadas en categoría senior, unha vez finalizada a súa etapa xuvenil.

No ano 1.997, ficha polo Narón Balompé Piñeiros, en categoría senior (segunda rexional), conseguindo un ascenso a primeira rexional na primeira tempada e a preferente na segunda tempada.

Na tempada 99-2000 dá o salto a terceira división, fichando polo Viveiro.

Unha tempada despois, na 2000-2001 volve para o Narón Balompé Piñeiros, ata 2011-2012. O primeiro ano forma parte da plantilla que consegue o ascenso a Terceira división, onde xoga 9 tempadas na categoría, descendendo a preferente na tempada 2009-2010 e voltando a conseguir o ascenso a terceira na seguinte tempada, 2010-2011.

En 2011-2012 ficha en terceira división polo As Pontes, xogando 4 tempadas na categoría volvendo recalar no Viveiro durante a tempada 2016-2017 en Preferente.

Na tempada 2017-2018, ficha polo Mugardos en primeira rexional onde xoga as súas últimas dúas tempadas, ata a 2018-2019 na que forma parte do equipo que consegue o ascenso a Preferente, gañando Liga e Copa de Ferrol.

Un referente no fútbol de Ferrol Terra, con 31 tempadas ás súas costas, decide colgar as botas aos seus 42 anos, despois de toda unha vida dedicada a este deporte, onde chegou a formar parte da selección de Ferrol e selección Galega en todas as categorías de base.

A día de hoxe, continúa formando aos pequenos futbolistas que empezan a dar os seus pasos, na S.D. C. R. NARÓN O Freixo, onde leva xa 6 tempadas como adestrador de fútbol basee.

Desde a S.D.C.R. NARÓN O Freixo, esperamos e desexamos que o xoves día 8 de agosto, sexa un día inesquecible para un futbolista, adestrador, compañeiro e amigo, que deixou pegada no fútbol de Ferrol Terra durante máis de 30 anos e que estamos seguros que, seguirá ligado ao mundo do fútbol durante moitos anos máis, adestrando aos futbolistas que son o presente e o futuro do noso fútbol local e rexional.

Moitas grazas pola túa dedicación, constancia e traballo.

Page 2 of 32
1 2 3 4 5 6 32