Categoría: Portada

CRÓNICA VI TORNEO NARON FREIXO. CATEGORÍA BENXAMÍN

A segunda parte do VI Torneo Narón Freixo, tiña lugar o sábado 14 de setembro. Nun día de moita calor, a cita nesta ocasión era para os equipos de categoría  benxamín.  Desde as 09.00 horas, máis de 50 partidos por diante ata chegar á final, sobre as 21.00 horas.

Durante toda a xornada, as bancadas do Estadio, presentaron un cheo absoluto, animando aos seus equipos, os pais, avós, amigos e familiares, gozaron dunha festa do fútbol base. Máis de 1.200 persoas, volveron dar cita en Río Seco, un éxito sen precedentes, unha tempada máis, para a S.D.C.R. NARÓN O FREIXO.

No plano deportivo, os equipos dividíanse en dous grupos de 8 conxuntos, para dirimir o pase a semifinais. Os dous primeiros clasificados de cada grupo, deixábannos unhas semifinais nas que o Deportivo da Coruña enfrontábase co Galicia de  Caranza e o Celta de Vigo tería como rival ao Ural.

Os equipos do terceiro clasificado ao oitavo, seguían disputando partidos de consolación para decidir o seu posto definitivo entre os 16 participantes.

O Deportivo da Coruña, do mesmo xeito que na categoría alevín, conseguía chegar á final, superando por 4 tantos a 0 a un Galicia de  Caranza que realizou un magnífico campionato, mentres que a segunda semifinal, eran os pequenos do Ural, os que superaban ao  R. C. Celta por 2 tantos a 0.

Na Final, os xogadores do  R. C. Deportivo da Coruña, non daban opción a un Ural moi combativo e conseguían o ansiado Trofeo por 2 tantos a 0. No partido polo terceiro e cuarto posto, era o  R. C. Celta de Vigo o que levaba o gato á auga, deixando cuarto ao Galicia de  Caranza despois de impoñerse por 3 goles a 0.

No plano persoal, quédanos por felicitar ao mellor xogador do Torneo, premio que nesta edición foi para o xogador do Deportivo de A Coruña, HUGO GÓNZALEZ VERGARA e o premio ao mellor porteiro do Torneo, foi parar ás mans do gardameta do Rápido de Bouzas, MATEO RODEIRO TRABAZOS.

Un ano máis, a  S.D.C R. NARÓN O FREIXO, quere agradecer a todos os voluntarios que, traballaron sen descanso para poder ofrecer esta gran festa do fútbol base, así como aos nosos patrocinadores  UNIGRAF, A  ROLDANA,  ACEBRE,  GALP CATABOIS, A  TRASANQUESA, SANTA COMPAÑA…………

Así mesmo, ao  Concello de Narón, á Delegación de árbitros de Ferrol e á Delegación de Ferrol da  FGF, pola súa colaboración nesta VI Edición do Torneo Narón Freixo e polo seu apoio constante ao fútbol de base na nosa comarca.

ESCOLA DE KICKBOXING NARÓN O FREIXO. 2019-2020

O próximo mes de Outubro empezamos as clases. Ven connosco a gozar e aprender con este deporte que tanto nos está achegando. Gaña confianza en ti mesmo, forma parte do noso equipo de competición ou adestra sen ningún outro fin que non sexa divertirche e gozar do deporte. Temos grupos divididos por idades desde os 4 anos en diante, sen límite de idade. Ponche en contacto connosco e proba sen ningún compromiso.

Podes adestrar connosco sen compromiso pero tamén podes competir. A tempada pasada, estivemos en seis Torneos en España e Europa cos seguintes resultados:

IV OPEN CIUDAD DE SALAMANCA. (27 DE XANEIRO DE 2019) 2 MELLADAS DE OURO E 2 MEDALLAS DE BRONCE.

ATHENS CHALLENGRE. (ATENAS, 1 AO 3 FEBREIRO DE 2019). 1 MEDALLA DE PRATA E 3 MEDALLAS DE BRONCE.

V OPEN CIUDAD DE CASTRO URIDALES. (CASTRO URDIALES, 23 DE MARZO DE 2019). 3 MEDALLAS DE OURO, 4 DE PRATA E 4 BRONCES.

CAMPEONATO GALEGO TATAMI SPORT. (OURENSE, 6 E 7 DE ABRIL DE 2019) 2 MEDALLAS DE OURO, 6 DE PRATA E 5 BRONCES.

CAMPEONATO DE ESPAÑA TATAMI SPORT. (GUADALAJARA, 9 AO 12 DE MAYO DE 2019). 2 MEDALLAS DE OURO E 2 BRONCES.

24TH BESTIFGHTER WORLD CUP. (RIMINI, ITALIA. DO 13 AO 16 DE XUÑO DE 2019) 1 MEDALLA DE OURO, 3 DE PRATA E 1 BRONCE.

Ademáis, PAULA VILLAR, foi chamada a formar parte da Selección Española Junior, para participar no Campionato Europeo celebrado en GYÖR HUNGRÍA.

 

Ven a coñecernos sen compromiso. Estamos a esperarche.

CRÓNICA VI TORNEO NARON FREIXO. CATEGORÍA ALEVÍN

O sábado, día 7 de setembro, nun día asollado, perfecto para a práctica do fútbol, ás 09.00 horas, comezaba a rodar o balón no Estadio Municipal de Río Seco. Por diante, 64 partidos que nos ían a levar ata máis aló das 22.00 horas. Un total de 20 equipos de categoría alevín, con pequenos nados en 2008 e 2009, farían gozar a un público que, durante toda a xornada, abarrotaba as bancadas dun Estadio que, durante a xornada do sábado, recibiu a máis de 1.200 persoas; desde os xogadores e corpos técnicos, ata o público que se deu cita para gozar dunha xornada maratoniana.

Divididos en catro grupos de cinco equipos, a primeira fase ía levar ata pasadas as 17.00 horas, cun total de 40 partidos, onde os dous primeiros de cada grupo, pasaban a cuartos de final. Así mesmo, os terceiros, cuartos e quintos, disputaría partidos para completar o cadro nos postos finais.

Como cada ano, o alto nivel dos participantes fai que, o pase a semifinais estea cada vez máis complicado. Nesta edición, o primeiro semifinalista sería o Vitoria de  Guimaraes despois de conseguir superar ao equipo Luís Calvo por un 3 a 0 e o seu rival sería o Celta de Vigo, que se impoñía por dous goles a cero ao  C.D. Lugo. A outra semifinal, disputaríana os equipos de Rápido de Neda que apeaba ao  Xuventude de Oroso por un tanto a cero e o Deportivo da Coruña, que conseguía superar ao Ural por tres tantos a cero.

RAPIDO DE NEDA. ALEVIN
R.C. CELTA DE VIGO. ALEVIN

 

Á ansiada final, despois de máis de 12 horas de fútbol, chegaban o Vitoria de  Guimaraes e o Deportivo da Coruña, despois de superar ao Celta de Vigo nos penaltis e ao Rápido de Neda, respectivamente en semifinais. Comezaban marcando primeiro os alevíns do equipo  Portugues, pero na segunda metade, reaccionarían os Coruñeses para dar a volta ao marcador e alcanzar a vitoria por tres tantos a un.

VICTORIA DE GUIMARAES. ALEVÍN
R.C. DEPORTIVO DE LA CORUÑA. ALEVÍN

No plano persoal, quédanos por felicitar ao mellor xogador do Torneo, premio que nesta edición foi para o número 10 do Celta de Vigo, IAGO BARREIROS NIÑEZ e o premio ao mellor porteiro do Torneo, foi parar ás mans do gardameta do Vitoria de  Guimaraes, RODRIGO FARIA  MORAIS.

Un ano máis, a  S.D.C R. NARÓN O Freixo, quere agradecer a todos os voluntarios que, traballaron sen descanso para poder ofrecer esta gran festa do fútbol basee, así como aos nosos patrocinadores  UNIGRAF, A  ROLDANA,  ACEBRE,  GALP CATABOIS, A  TRASANQUESA, SANTA COMPAÑA…………

Así mesmo, ao  Concello de Narón. Á Delegación de árbitros de Ferrol e á Delegación de Ferrol da FGF, pola súa colaboración nesta VI Edición do Torneo Narón Freixo e polo seu apoio constante ao fútbol de base na nosa comarca.

Esperamos e desexamos que, todos os que se achegaron ao Estadio Municipal de Río Seco, gozasen dunha tarde de festa e de fútbol. Emprazámosvos para seguir gozando deste deporte, o sábado 14 de setembro coa celebración do Torneo en categoría Benxamín. Grazas a  tod@s.

Page 1 of 32
1 2 3 4 5 32