Categoría: Noticias del club

HOMENAXE A JORGE “NANO”

JORGE LÓPEZ MÉNDEZ, máis coñecido como Jorge “Nano”, empezou a súa carreira deportiva no Estrela con 11 anos en categoría infantil. Aos 16 anos, ficha polo Racing de Ferrol, disputando tres tempadas en categoría xuvenil en División de Honra, xogando o primeiro ano fase de ascenso a sub-19.

Con 16 anos, foi seleccionado para a concentración da pre-selección española, realizada en Madrid e forma parte da selección galega sub-16 que representa a España no Munidalito celebrado en Venezuela.

Realizando a pretemporada co primeiro equipo do Racing de Ferrol durante catro tempadas, é cedido ao Somozas para disputar dúas tempadas en categoría senior, unha vez finalizada a súa etapa xuvenil.

No ano 1.997, ficha polo Narón Balompé Piñeiros, en categoría senior (segunda rexional), conseguindo un ascenso a primeira rexional na primeira tempada e a preferente na segunda tempada.

Na tempada 99-2000 dá o salto a terceira división, fichando polo Viveiro.

Unha tempada despois, na 2000-2001 volve para o Narón Balompé Piñeiros, ata 2011-2012. O primeiro ano forma parte da plantilla que consegue o ascenso a Terceira división, onde xoga 9 tempadas na categoría, descendendo a preferente na tempada 2009-2010 e voltando a conseguir o ascenso a terceira na seguinte tempada, 2010-2011.

En 2011-2012 ficha en terceira división polo As Pontes, xogando 4 tempadas na categoría volvendo recalar no Viveiro durante a tempada 2016-2017 en Preferente.

Na tempada 2017-2018, ficha polo Mugardos en primeira rexional onde xoga as súas últimas dúas tempadas, ata a 2018-2019 na que forma parte do equipo que consegue o ascenso a Preferente, gañando Liga e Copa de Ferrol.

Un referente no fútbol de Ferrol Terra, con 31 tempadas ás súas costas, decide colgar as botas aos seus 42 anos, despois de toda unha vida dedicada a este deporte, onde chegou a formar parte da selección de Ferrol e selección Galega en todas as categorías de base.

A día de hoxe, continúa formando aos pequenos futbolistas que empezan a dar os seus pasos, na S.D. C. R. NARÓN O Freixo, onde leva xa 6 tempadas como adestrador de fútbol basee.

Desde a S.D.C.R. NARÓN O Freixo, esperamos e desexamos que o xoves día 8 de agosto, sexa un día inesquecible para un futbolista, adestrador, compañeiro e amigo, que deixou pegada no fútbol de Ferrol Terra durante máis de 30 anos e que estamos seguros que, seguirá ligado ao mundo do fútbol durante moitos anos máis, adestrando aos futbolistas que son o presente e o futuro do noso fútbol local e rexional.

Moitas grazas pola túa dedicación, constancia e traballo.

LIGA PROMISES FEMENINA

A xogadora infantil da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, OLIVIA SAAVEDRA BARBERO, foi convocada con R.C. DEPORTIVO para participar na Liga promises que vaise disputar os días 21, 22 e 23 de xuño.

 

Premio final dunha tempada na que conseguiu a Liga e Copa de Ferrol co equipo infantil e o ascenso a Liga Galega. Esperamos e desexamos que disfrutes da experiencia.

PARABENS CAMPIONA!!!!

 

ABERTA A INSCRICIÓN CAMPUS VERANO 2019

Comeza o prazo de inscrición para o noso CAMPUS VERÁN 2019 NARÓN FREIXO – LSA. Se cho perdiches o ano pasado, seguro que xa cho contaron, que non cho teñan que volver contar un ano máis. Ven a gozar do fútbol e das diversas actividades que vos ofrecemos.

Deixámosvos o formulario de inscrición picando AQUI. Podes elixir entre, pasar connosco unha semana (pódese elixir calquera das dúas, do 8 ao 12 ou do 15 ao 19) ou podes decidir pasar a quincena gozando do fútbol e de todas as actividades que estamos a preparar.

Para apuntarche, só tes que rellanar o noso formulario e envialo ao noso email: acompañado dunha fotografía tamaño carné, unha fotocopia do DNI e tarxeta sanitaria e o xustificante da transferencia (no formulario indicamos o número de conta bancaria).

Calquera dúbida que teñas, podes contactar con JUAN CARLOS, no teléfono 656 954 416

Non esperes máis, apúntache.

DISTINCIÓN DA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL

Sin duda, ALGO CRECE EN NARÓN. 

Con ocasión da Gala do Fútbol Galego 2019, o Presidente da FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL, D. Rafael Louzán Abal, otorgou a distinción na categoría de CLUB REFERENTE NO FÚTBOL BASE DE GALICIA a S.D.C.R. NARÓN FREIXO.

Dende aquí, desexamos compartir con toda a nosa familia esta distinción o traballo que levamos realizando todos estos anos e que nos sirve para coller forzas e seguir traballando no fútbol base. Agradecer os nenos e nenas da nosa escola polo seu esforzo e dedicación, os pais e nais que cada ano seguen confiando en nos para a formación dos rapaces e rapazas, os adestradores que, cada ano traballan no cespede para formar pequenos xogadores e xogadoras. E como non, a todos os membros da nosa directiva que poñen o seu gran de area tirando desta sociedade.

 

UN MILLÓN DE GRACIAS!!!!!!

FASE FINAL III COPA GALLAECIA INFANTIL FEMENINO

O Equipo da S.D.C.R. NARÓN FREIXO adestrado por MARCO e CARLOS, conseguiu a clasificación como segundos de grupo para a FASE FINAL DA III COPA GALLAECIA INFANTIL que vaise disputar o vindeiro sábado, 15 de xuño despois da victoria frente o Bergantiños e a derrota ante o VICTORIA C.F. que foi o lider do grupo.

Primer partido S.D.C.R. NARON FREIXO 4-0 BERGANTIÑOS C. B.

Partido pouco disputado, cun dominio constante do freixo, que a pesar de estar algo impreciso mantivo a posesion do balon e creaba unha ocasion tras outra, chegando con vantaxe de dous goles ao descanso gracias aos tantos de Maria Allegue e Clara. O segundo tempo seguiu na mesma tonica aumentando a renta cos tantos de Laura e Maria Allegue de novo, finalizando asi un partido bastante completo das xogadoras do Freixo.

Coordinador: Juan Carlos. Entrenadores: Marco e Carlos. Xogadoras: María Allegue, Iria Pita, Sara Cercido, Aitana Vellón, Candela Gómez, Clara Pérez, Laura Testa, Olivia Saavedra, María Funcasta, Ines Rodríguez, Sofía Calderón, Sabela Romero, Julia Rodríguez, Sofia Ferreiro, Keira Alexandra, Andrea Rodríguez.

Segundo partido VICTORIA CF  3-1 S.D.C.R. NARON FREIXO

No segundo partido da xornada as xogadoras do freixo enfrentaronse ao equipo lider do grupo. Facendo honor ao seu liderato ás xogadoras do Victorias comezaron enchufadas o partido, cunha alta presión e gran intensidade, chegando aos poucos minutos o primeiro gol á saida dun corner que transformaba Uxia. O freixo non era capaz de realizar o seu xogo combinativo debido á alta presion e numerosas precipitacions, e na primeira xogada que conseguiron combinar, grazas a unha gran accion colectiva protagonizada por Maria Diaz pola banda esquerda, esta finalizaba cun centro raso e potente que a piques estivo Olivia de rematar ao segundo pao. Antes do descanso o Victoria contaria con outra ocasion que seria rechazada polo travesaño. Na segunda metade viuse un xogo todavía mais revolto, de novo Uxia conseguia marcar para o Victoria cun disparo dende a frontal que entraba por riba na meta do Freixo. Conseguiria recortar distancias Laura para o Freixo nunca accion indidual a 5 minutos do final dando esperanzas polo menos para empatar o encontro, pero aparecia na seguinte xogada a xogadora do Victoria Sharon para poñer o 3-1 no marcador e rematar asi co partido.

Ao final da xornada confirmabase o meritorio segundo posto do grupo para as xogadoras do Freixo só por detras do Victoria C.F. B, clasificándose para a fase final que se disputará o sábado 15 de xuño en Carballo, na que de seguro realizarán un gran papel.

So nos queda FELICITAR a todas as xogadoras, así como o corpo técnico polo gran Campionato que están a realizar e agradecer o EUME, F.S, GALICIA DE MUGARDOS, GALICIA DE CARANZA, C.C.R.D. PERLIO, ESTREIRO,F.S. e A FERVENZA, F.S.F. pola desinteresada colaboración e as facilidades para que as xogadoras dos seus clubes, poidan participar neste Torneo. GRACIAS!!

 

 

Page 7 of 23
1 3 4 5 6 7 8 9 10 11 23