Categoría: Noticias del club

ANIMO RI!!!

O pasado venres, Ricardo Martínez Espantoso, sufría unha caída xogando ao fútbol no seu colexio que lle producía a rotura do radio.

Desde a S.D.C.R. NARÓN FREIXO, sumámonos á bonita iniciativa dos seus compañeiros e adestradores do equipo Cadete. Esperamos e desexamos que che recuperes canto antes e poidas volver gozar do fútbol co teu equipo.

ANIMO RI!!!!!!

8ª XORNADA LIGA LUIS CALVO 2018-2019

Hoxe, no Estadio Municipal de Río Seco, a S.D.C.R. NARÓN O FREIXO recibe o C.D. LUGO na oitava xornada da Liga Luis Calvo. 

Os esperamos para animar os alevíns no partido de hoxe. Vamos FREIXO!!!!!

NECROLOXICA

Dende A Xunta directiva da SDCR  Narón O Freixo queremos expresar as nosas condolencias e mais sentido pesame polo fallecemento de D. DOMINGO HERMESINDO BARRO CRESPO, avó do xogador Alevín, ELOY BARRO.

O Funeral, terá lugar hoxe, sete de febreiro as 16:30 horas no Cementerio Parroquial de San Nicolas de Neda. A continuación, terá lugar o Sepelio na Iglesia Parroquial de San Nicolás de Neda.

Asimesmo, desexamos enviar un forte abrazo a familia e amigos nestes duros momentos.

D.E.P.

UN ABRAZO DAVID!!!

Hoxe, queremos enviar un forte abrazo á familia LLERA – RIAL e en especial a DAVID LLERA, que xogou no NARÓN FREIXO en categoría benxamin e alevín, irmán do noso benxamin NICOLAS LLERA.

Esperamos e desexamos unha pronta recuperación desa patoloxía que che ten apartado dos terreos de xogo na actualidade. Estamos completamente seguros que, nunhas semanas, esa zurda estará a volver a demostrar a súa calidade, tanto nas pistas de futbol sala, como nos campos de fútbol.

Un forte abrazo e moito ánimo CAMPIÓN!!

Page 5 of 17
1 2 3 4 5 6 7 8 9 17