Categoría: Fútbol Sala

ADESTRAMENTO PRE-SELECCIÓN GALEGA FUTBOL SALA. CATEGORIA ALEVIN MIXTO.

O vindeiro venres, día 22 de febreiro, as 18:00 horas, terá lugar o quinto adestramento da Selección Galega de Fútbol Sala en categoría Alevín Mixto, en O Pino, (A coruña).

O porteiro do equipo Alevín da S.C.D.R. NARÓN O FREIXO, RUBÉN PIÑÓN SANZ, foi convocado para participar neste adestramento, por terceira vez consecutiva, xa que leva sendo convocado nos tres adestramentos previos.

Dende o Clube, esperamos e desexamos que disfrute da experiencia, así como enviarlle a nosa máis sincera NORABOA.

Así mesmo, tamén desexamos FELICITAR o xogador Alevín DIEGO LÓPEZ MORALES, que foi convocado para o TERCEIRO adestramento desta pre-selección Galega.

NORABOA ós dous xogadores e moita sorte para RUBÉN PIÑÓN SANZ que continúa nas convocatorias.

RESULTADOS LIGA LOCAL. FUTBOL SALA. 16-17 DE FEBREIRO 2019

Estos son os resultados da fin de semán dos equipos da S.D.C.R. NARÓN FREIXO nas diferentes categorías e competicións.

Na categoría Pre-benxamín no Grupo 1º, os rapaces dos FREIXO A, xogaban no Pavillón de A Xunqueira (FENE) contra o equipo local do Unidade de Fene e o resultado final foi de 3 a 7, con victoria dos visitantes.

Na mesma categoría, no Grupo 2ª, os nenos do FREIXO B, tamén conseguiron a victoria contra A Solaina B cun marcador final de 8 a 2, no partido disputado no Pavillón de As Lagoas e tamén no Pavillón de A Xunqueira, os pequenos do FREIXO C, conseguían a victoria ante o Unidad de Fene cun resultado final de 5 a 8 goles.

Xa en categoría Benxamín, O Parrulo C, conseguía impoñerse por 3 goles a 1 os nosos rapaces do FREIXO A, no grupo Primeiro. Mentres que o FREIXO B, gañaba o Narón Futsal B, no grupo 2º por 10 tantos a 1.

Na categoría Alevín, os resultados foron os seguintes:
Grupo 3º. NARÓN FREIXO B 1 – SANTA MARIÑA 0
Grupo 2º. NARÓN FREIXO C – Descansa
Grupo 1º. NARÓN FREIXO D 3 – ESTEO 3

En categoría infantil, os rapaces do FREIXO A perderon o seu enfrontamento contra o ESTEO, por un reslutado final de 1 a 2, no partido disputado no Pavillón de As Lagoas e correspondente ao Grupo 1º.
Mesntres que no Grupo 2º, o Infantil B, descansou esta xornada.

Na Liga Galega, os rapaces do NARÓN FREIXO ALEVIN A, conseguían a victoria ante o Burela, por 3 goles a 2, no partido disputado o sábado no Pavillón de As Lagoas, o que os mantén na zoa media da clasificación.

Tamén en LIGA GALEGA, o equipo Xuvenil do NARÓN FREIXO, conseguía derrotar por 6 goles a 3 a os rapaces do Estrada Futsal.



ADESTRAMENTOS PRE-SELECCIÓNS DE FERROL. FUTSAL.

Xa temos a segunda convocatoria para os adestramentos coas pre-seleccións de Ferrol de Fútbol Sala nas diferentes categorías.

En infantil masculino ALBERTO HERMIDA ANIDOS e DAVID PARDO LÓPEZ, voltan a estar seleccionados para o adestramento que terá lugar o martes, 19 de febreiro no Pavillón de Castro, as 18.15 horas, que se prolongará ata as 20.30 horas.

En categoría infantil femenino, LAURA TESTA ROCA, selecionada, deberá asistir o Pavillón Municipal de A Malata en Ferrol, o mércores, 20 de febreiro as 17.30 horas, para un adestramento entre as 18:00 e 20:00 horas.

Na categoría Alevín masculina RUBEN PIÑÓN SANZ e DIEGO LÓPEZ MORALES, adestrarán coa selección de Ferrol o mércores, 20 de febreiro no Pavillón Municipal Campo da Serra de Narón, de 19:30 a 21:00 horas, teniendo que presentarse con media hora de antelación.

VALERIA MONTERO GARCIA, foi convocada na categoría Alevín Femenino no Pavillón Municipal da Mocidade, o martes 19 de febreiro as 20:30 hroas, para un adestramento de 21:00 a 22:00 horas.

Na categoría Benxamín, o adestramento da selección terá lugar no Pavillón Municipal de Castro, o mércores día 20 de febreiro as 19:30 horas, e foron seleccionados da S.D.C.R. NARÓN FREIXO, MATIAS GONDAR RODRIGUEZ, IVAN OTERO PAZOS e DIEGO AMADO CABANAS.

Esperamos e desexamos que disfruten da experiencia. PARABENS.

PRE-SELECCIÓN FERROL FÚTBOL SALA. CATEGORÍA INFANTIL – FEMENINO.

A RFGF de FERROL, convoca para participar coa PRE-SELECCIÓN DE FÚTBOL SALA o vindeiro mércores, 13 de febrero de 2019 as 17:30 horas no PABELLÓN MUNICIPAL DE A MALATA, para un adestramento dende as 18:00 ata as 20:00 horas, as seguintes xogadoras da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO.

LAURA TESTA ROCA
VALERIA MONTERO GARCIA

Felicitar a todo o equipo Infantil do NARON FREIXO, xa que os premios individuais nun deporte de equipo como é o fútbol sala, ademáis do esforzo persoal, tamén son grazas o traballo de todo o grupo.

Así mesmo, a xogadora VALERIA MONTERO GARCIA, foi convocada para a pre-selección en categoría ALEVÍN, o martes 12 de febreiro de 2019 ás 20:30 horas para un adestramento de 21:00 a 22:00 horas no Pabellon Municipal dá Mocidade.

Esperamos e desexamos que disfrutedes a experiencia.

NORABOA!!!!!!

PRE-SELECCIÓN FERROL FÚTBOL SALA. CATEGORÍA INFANTIL – MASCULINA.

A RFGF de FERROL, convoca para participar coa PRE-SELECCIÓN DE FÚTBOL SALA o vindeiro martes, 12 de febrero de 2019 as 18:15 horas no PABELLÓN MUNICIPAL DE CASTRO, para un adestramento dende as 18:30 ata as 20:30 horas, os seguintes xogadores da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO.

ALBERTO HERMIDA ANIDOS
DAVID PARDO LÓPEZ

Felicitar a todo o equipo Infantil do NARON FREIXO, xa que os premios individuais nun deporte de equipo como é o fútbol sala, ademáis do esforzo persoal, tamén son grazas o traballo de todo o grupo.

Esperamos e desexamos que disfrutedes a experiencia.

NORABOA!!!!!!


Page 2 of 24
1 2 3 4 5 6 24