Categoría: Horarios

O NOSO EQUIPO DE COMPETICIÓN DESPRÁZASE A OURENSE AO CAMPIONATO GALEGO DE TATAMI

Esta próxima fin de semana parte do noso equipo de competición da sección de kickboxing desprazarase de novo á cidade de Ourense para participar no campionato galego nas modalidades de tatami.

O equipo, encabezado polo técnico RUBÉN VILLAR, estará composto polos cadetes menores BRUNO TUÑAS ,debutante en competición, e IKER VILLAR SÁNCHEZ.

CARLA FRAGA TESTA debutará tamén na categoría cadete menor. JHON KLEB SALES DA SILVA e PAULA VILLAR SÁNCHEZ pelexarán en categoría Junior e os irmáns RUBÉN e ADRIÁN IGLESIAS FERNÁNDEZ, xunto con BORJA BLANCO LESTAYO, farano na categoría senior.

Cabe destacar que estes tres últimos competidores da categoría senior proclamáronse a pasada semana campións galegos na modalidade de lowkick no campionato galego de ring.

 

Desexamos a maior das sortes para os nosos competidores e sobre todo que gocen desta experiencia.

GRANDES RESULTADOS DOS NOSOS COMPETIDORES NO CAMPIONATO GALEGO DE RING

 Esta pasada fin de semana catro dos nosos deportistas pertencentes á sección de kickboxing participaron no campionato galego de ring que se celebrou na cidade de Ourense.
 Os resultados do campionato foron excelentes, sobre todo tendo en conta que tres deles eran debutantes sobre o ring.
 Rubén Iglesias Fernández proclamouse campión galego na modalidade de lowkick 63,5 kg, gañando na final ao que era o campión galego nese peso e modalidade o pasado ano 2019, o seu irmán Adrián Iglesias Fernández, gañou o campionato na modalidade de lowkick 67 kg, ambos debutaban sobre o ring. O outro debutante, Unai García Conchado volveu co título de subcampión galego de fullcontact 63,5 kg. Borja Blanco Lestayo proclamouse campión galego na modalidade de lowkick 81 kg.
 

 
 
 

O NOSO EQUIPO DE KICKBOXING ESTREA TEMPADA NO CAMPIONATO GALEGO DE RING

Esta próxima fin de semana parte do noso equipo de competición acompañados polo seu adestrador RubénVillar Díaz, partirá rumbo a Ourense para participar no campionato galego de ring.

Os competidores que representarán ao noso club na cidade das termas serán Rubén Iglesias Fernández, o seu irmán Adrián Iglesias Fernández e Borja Blanco Lestayo na modalidade de lowkick e Unai García Conchado na modalidade de fullcontact.

Isto non é máis que o principio da tempada para a nosa sección de kickboxing xa que durante as próximas semanas estará de campionato en campionato do cal seguiremos informando.

Como sempre desde o club mandamos o noso apoio incondicional aos nosos deportistas e desexámoslles que gocen unha vez máis da experiencia.

DOCE METAIS PARA A NOSA SECCIÓN DE KICKBOXING EN OVIEDO

 Doce foron as medallas acadadas polos nosos deportistas da sección de kickboxing o pasado sábado día 14 na final da liga Last Round na cidade de Oviedo.

A repartición das mesmas foi o seguinte, Paula Villar Sánchez conseguía tres ouros e unha prata, Iker Villar Sánchez un ouro e tres bronces, Jhon Kleb Sales Da Silva unha prata e un bronce do mesmo xeito que Unai García Conchado.

Gran final de tempada para os nosos que non podían acabar o ano de mellor forma. Agora toca descansar e repoñer forzas xa que pronto empezarán cunha nova tempada cargada de competicións importantes.

Último desprazamento do ano para a nosa sección de kickboxing

 Este próximo sábado rematará a tempada para a nosa sección de kickboxing, catro dos nosos deportistas participarán no Open Ciudad de Oviedo onde se celebrará a final da liga Last Round.

 Alí participarán o debutante Unai García Conchado, Jhon Kleb Sales Da Silva, Iker Villar Sánchez e Paula Villar Sánchez, quen recollía a pasada semana de mans da presidenta da Federación Deportiva Galega de Kickboxing un recoñecemento como actual bicampioa de España e un premio como deportista feminina con maior proxección internacional.

 Desde o noso club queremos desexarlle á nosa deportistas sorte para este último campionato do ano e sobre todo que gocen da experiencia.

Page 1 of 3
1 2 3