CARTOS DE FINAL. CAMPIONATO ESPAÑA SELECCIONS AUTONOMICAS

XVI CAMPIONATO NACIONAL DE SELECCIONS AUTONOMICAS SUB-12 FEMENINO

FASE DE GRUPOS

 

O sábado as 14:10, as rapazas da selección galega xogaban o paritdo de cartos de final do campionato. Despois dunha fase de grupos na que realizaron un gran fútbol, comenza a eliminatoria directa contra a sempre potente selección Catalana.

O partido comenza con dominio alterno, pero é a selección Catalana a que consigue adiantarse no marcador. Sen emabargo, as xogadores Galegas non se foron abaixo e, antes do descanso, LAURA TESTA ROCA, nosa LAURI, consegue poñer o empate no marcador. Premio mais que merecido a un campeonato no que desplegou un gran fútbol, loitando e sendo un constante perigo por ambas bandas. O descanso, chégase con empate no marcador e as rapazas da sub-12 galega, xogando un gran partido.

No segundo tempo, ainda que fomos superiores e tivemos numerosas ocasións, eran as Catalanas as qeu voltaban a adiantarse no marcador. Ata o final, a insistencia das Galegas non tiña froito e chegábamos o remate cun 2 a 1 que non facia xusticia ó gran partido realizado polas rapazas de Galicia.

NORABOA LAURA