CARRERA CONTRA EL CANCER FERROL 2019

O domingo electoral, Ferrol celebrou a Carreira contra o Cancer 2019, na que a familia da S.D.C.R. NARÓ O FREIXO tivo gran representación e por segundo ano consecutivo, recibeu o Premio o grupo máis numeroso.

O coordinador da nosa escola, Juan Carlos, un ano máis, envórcase en conseguir a maior participación da familia do Freixo que, un ano máis, apoia unha causa solidaria como é a carreira contra o Cancro. Desde aquí, compartimos as súas palabras de agradecemento a dúas persoas que, desinteresadamente, un ano máis, encargáronse de repartir dorsais, recoller inscricións, repartir camisetas e todo o necesario para que, a participación da familia do Freixo fose todo un éxito. Moitas grazas Olivia e Sandra.

Agradecer a toda a familia do Freixo, un ano máis a súa participación solidaria nun evento que congrega a miles de persoas, por achegar o seu granito de area contra esta grave enfermidade e enviar unha mensaxe de ánimo e apoio a todos e todas os que loitan cada día. MOITA FORZA!

GRAZAS