CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIONS COMARCAIS. BENXAMIN – FUTBOL SALA.
O vindeiro xoves, día 4 de Xaneiro, dispútase o Campionato Galego de Futbol Sala de Seleccións Comarcais na categoria Benxamín, no Municipio de Marin. A Selección de Ferrol, contará nas súas filas, con tres xogadores da S.D. C. R NARON O FREIXO:
THIAGO FERNÁNDEZ FELGAR, MATEO PITA PITA e CARLOS GONZÁLEZ LÓPEZ, disputarán o primeiro partido contra a selección de LUGO, ás 11:30 da mañá no Pavillón San Narciso desta localidade Pontevedresa.
Desde o Club, queremos expresar nosa máis sincera noraboa aos benxamíns, así como enviar os nosos animos e o apoio de toda a familia do FREIXO.
NORABOA RAPACES!