CAMPIONATO GALEGO FUTBOL SALA DE SELECCIONS

O Sábado nas localidades de Trabada, Meira e A Pontenova, disputabanse os campionatos Galegos de Seleccións nas categorías de infantil feminino, Benxamíns e Alevín Mixto. A Selección Infantil feminina, comezaba a súa andaina neste Torneo cun empate a un frete a selección de Lugo. No segundo partido, o rival era Ourense e as departamentais non coseguían impoñer o seu xogo, caendo por cero goles a dous. No último partido, fronte a selección da Costa da Morte, as Ferrolanas conseguían a victoria por tres goles a un.

Ourense e Coruña disputaron unha final moi igualada, que remataba con empate a un tantos e eran as rapazas de Ourense as que conseguían a victoria na tanda de penaltis.

Na categoría Benxamín, os rapaces de Ferrol, non conseguían impoñerse a Lugo no partido inicial, perdendo por un tanto a cero. No segundo partido, conseguían a victoria frente a selección de Ourense por dous tantos a un e non pasaban do empate ante Costa da Morte no terceiro partido, quedando as portas de poder entrar na final a que conseguía acceder Ourense que perderían coa selección de A Coruña por dous tantos a nove.

Na categoría alevín, os rapaces da selección departamental, tamen perdían o primeiro encontro contra a selección de Lugo por dous tanto a un. Sen embargo, conseguían repoñerse desta derrota e gañaban os seguintes encontros ante Ourense por catro tanto a un e ante A Costa, por tres tantos a cero conseguindo plaza na final, xa que Lugo non pasaba do empate contra estas seleccións. 

Nunha final moi disputada ante a selección de A Coruña, o final do partido chegábase con empate a un gol. Na tanda de penaltis, eran os departamentais os que conseguían o título anotando os tres lanzamentos,frente os dous que conseguiría anotar a selección coruñesa.

Esperamos e desexamos que todos os rapaces e rapazas, disfrutasen da experiencia. Enviamos a nosa máis sincera noraboa os xogadores da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, LAURA TESTA ROCA (Infantil feminino), MATIAS GONDAR RODRIGUEZ (Benxamín) e os CAMPIÓNS GALEGOS na categoría Alevín DIEGO LOPEZ MORALES e RUBÉN PIÑON SANZ.