CAMPIONATO DE SELECIONS COMARCAIS SUB-12 FEMININO

CAMPIONATO DE SELECCIÓNS COMARCAIS SUB-12. FEMININO

 

Este martes, 11 de Abril, tivo lugar a disputa do Campionato de seleccións comarcais SUB-12, na categoría Feminina. Os combinados de SANTIATGO, A CORUÑA, LUGO, VIGO, PONTEVEDRA E FERROL, disputaron o Torneo no Campo da MAGDALENA, en Vilalba.

As nosas xogadoras alevíns, LAURA TESTA ROCA E MARIDA DÍAZ FUNCASTA, defenderon ao camiseta de Ferrol desde primeira hora da mañá, no partido que enfrontaba ás departamentaIs contra as xogadoras de Santiago e que non comenzaba moi ben para nosas nenas. A selección de Santiago adiantábase no marcador con dous tantos e, aínda que LAURA conseguía recortar distancias de falta directa, o empuxe final non era suficiente para logRar o ansiado empate.

O segundo partido, enfrontaba ás Ferrolás contra A Coruña, partido disputado de tÚ a tÚ, pero serían as coruñesas as que logarían a vitoria cun gol no último minuto que faría esteril o esforzo realizado polas xogadores departamentais. Sen tempo para lamentarse, o seguinte rival era Pontevedra. As ferrolás conseguían repoñerse e levar o partido por un contundente catro a cero nun moi bo encontro.

O último rival, era a selección de Vigo. Cunhas nenas moi cansas despois dunha xornada moi intensa, o resultado final era un cero a tres para as viguesas.