CAMPEONES DE LIGA

CAMPIONS DE LIGA BENXAMIN 2016/2017 FERROL

 

O equipo BENXAMIN A de a S.D.C.R. NARÓN O FREIXO dirixido por NANI, proclamouse CAMPIÓN DE LIGA NA CATEGORÍA BENXAMIN DE FERROL no día de hoxe, ao liquidar o partido de trámite da última xornada.

O partido de hoxe, comezaba con tres chegadas consecutivas dos xogadores do Freixo, que non conseguían materializar e, despois dun par de contras, eran os locais, os que conseguían subir o primeiro tanto ao marcador.

Con todo, os pequenos do Freixo nunca se dan por vencidos e apertando un pouquiño máis, lograban o empate á saída dun corner e, antes de que chegase o descanso, poñíanse por diante.

Cumprido o obxectivo, a segunda parte foi un mero trámite. Os xogadores de NANI, tiveron o partido controlado en todo momento e mesmo, puideron deixar sentenciado en numerosas ocasións; con todo, o balón non quería entrar e o reloxo corría cara ao final cun marcador apertado e os nervios na bancada e na pista non permitían un xogo fluído. De todos os xeitos, as finais non se xogan, gáñanse e iso foi o que fixeron os pequenos do Freixo.

Coa bucina final, desatouse a alegría no pavillón das LAGOAS.

PARABÉN AOS CAMPIÓNS.

 

PRESI: JUAN REY. ADESTRADOR; NANI. DELEGADO: SANTI. XOGADORES: DIEGO CASTRO, RUBEN PIÑON, DANIEL BARROS, IAGO ROZADOS, MATEO PITA, SERGIO TAJES, CARLOS GONZÁLEZ, DIEGO LÓPEZ, JAVIER VAZQUEZ y DIEGO REY.

 

O equipo brilou durante toda a tempada e realizou un gran campionato. Despois dunha primeira fase previa, con cinco vitorias e un empate; os benxamíns, metían a cabeza no primeiro grupo para conseguir un total de nove vitorias e dous empates e converterse en CAMPIÓN e único equipo invicto da categoría Benxamíns do NARÓN FREIXO, que demostraron unha vez máis, que as pequenas escolas seguen facendo un gran traballo e poden competir de ti a ti, cos grandes equipos da Comarca.