CALENDARIO LUIS CALVO

 

Presentado O IX Torneo F-11 Alevín

Conservas Calvo

 

A S.D.C.R. NARON FREIXO, disputa por primeira vez, a prestixiosa competición LUÍS CALVO e, xunto ao Galicia de Caranza e o Racing de Ferrol, serán os representantes da nosa comarca. A competición, comezará o 4 de febreiro, no que, noso equipo Alevín, recibirá ao Racing de Ferrol e terminará o 13 de maio, no desprazamento que levará ao NARON FREIXO a enfrontarse co C.D. LUGO. Trece xornadas, que serán a antesala ao prestixioso torneo internacional Alevín Concello de Carballo que se disputará no mes de XUÑO e que espera ao campión da IX Edición do Torneo Luís Calvo, para enfrontarse a equipos como o Barcelona ou R. Madrid, así como a Celta e Deportivo.

O calendario deixa tamén as novedades para este ano de outros dous equipos como o At. Arteixo e o Amio S.D nun ano, no que a S.D.C.R. NARON FREIXO tentará deixar un bo xogo e unha boa imaxe nun Torneo tan esixente como é a LUIS CALVO.