Borja Blanco e Adrián Iglesias pelearán mañá en Miño

Mañá día 30 dous dos nosos kickboxers participarán na velada que terá lugar en Miño.
Borja Blanco, pelexará na semifinal do campionato galego de lowkick no peso de 75kg e en caso de gañar, pelexará a final do devandito campionato.
Adrián Iglesias, debutará sobre o ring tras unha dilatada traxectoria sobre o tatami, pelexará tamén na modalidade de lowkick no peso pactado de 68kg.
 
 
 
Desde o noso club desexámoslles moita sorte e animámosvos a todos a que vos acheguedes a presenciar este espectáculo no pavillón de Miño desde as 18:00 e así empuxar aos nosos deportistas desde a bancada.