AGRACECEMENTO A SD O VAL DE NARÓN

Queremos expresar o noso agradecemento

á Xunta Directiva da SD O Val de Narón,en primeiro lugar por ternos convidado o V Torneo de Futbol Base que celebraron nesta fin de semana.E sobre todo pola magnifica atencion, que en todo momento dispensaron ós nosos nenos e a todos e cada un dos que nestes días se achegaron ós campos de Sinde. Organizacións coma esta poñen o listón moi alto para todos os que estamos nestes asuntos do futbol, e son un exemplo do que aprender a organizar eventos deste tipo. Agardamosvos a vindeira fin de semana no Estadio de Río Seco.