ADESTRAMENTOS PRE-SELECCIÓNS DE FERROL. FÚTBOL SALA.

Entramos na derradeira semán de adestramentos das Pre-Seleccións de Ferrol de Fútbol sala, antes do Torneo de Seleccións Comarcais que terá lugar o vindeiro luns, día 4 de marzo.

Na categoría infantil masculino ALBERTO HERMIDA ANIDOS e DAVID PARDO LÓPEZ, voltan a estar seleccionados para o adestramento que terá lugar o martes, 26 de febreiro no Pavillón de Castro, as 18.15 horas, que se prolongará ata as 20.30 horas.

Na categoría infantil femenino, LAURA TESTA ROCA, selecionada, deberá asistir o Pavillón Municipal de A Malata en Ferrol, o mércores, 27 de febreiro as 17.30 horas, para un adestramento entre as 18:00 e 20:00 horas.

Na categoría Alevín masculina, doble sesión para RUBEN PIÑÓN SANZ e DIEGO LÓPEZ MORALES, terán adestramento o mércores, 27 de febreiro no Pavillón Municipal Campo da Serra de Narón, de 19:30 a 21:00 horas, e o xoves, 28 de febreiro, partido amistoso as 19:30 horas no Pavillón Municipal de As Lagoas, teniendo que presentarse con media hora de antelación.

VALERIA MONTERO GARCIA, foi convocada na categoría Alevín Femenino no Pavillón Municipal da Mocidade, o martes 26 de febreiro as 20:30 horas, para un adestramento de 21:00 a 22:00 horas.

Na categoría Benxamín, tamén efectuará dobre sesión de adestramento. O Luns, día 25 de febreiro, as 19:30 horas no Pavillón Municipal Campo da Serra e o mércores día 27 de febreiro as 19:30 horas no Pavillón Municipal de Castro. o xogador seleccionado da S.D.C.R. NARÓN FREIXO é, MATIAS GONDAR RODRIGUEZ.


NORABOA!!!!