Esta foi unha semana intensa, iniciamos a nosa andaina no futbol o aire libre, saimos da pista e intentamos dominar a herba, para moitos dos nosos nenos era esta a gran novidade, xa que descubrían o que era xogar nesta superficie, pero os seus novos adestradores con cercania e bo facer fixeronlles mais doada esta primeira experiencia co cespede natural.
Para a directiva foi tamen una semana intensa, axustar todo o programado o longo destes meses non e traballo dun día ,lograr que os nosos nenos teñan todo o necesario para adestrar e que os país vexan que iste e un proxecto de futuro , asentado, e que ainda vai ir a mellor día a día,non se acada soio falando e vendendo fume, pero todo este traballo vese recompensado cando ves os nosos xogadores sair do campo cansados pero rindose e xogando entre eles, eso debe de significar que non o debemos de estar facendo moi mal polo momento.
Mencion aparte teñen todos e cada un dos adestradores que configuran a dirección deportiva e o noso corpo técnico, xente nova, pero cun amplo currículo de logros no mundo do futbol. Ter un equipo así, implicado e sumando, neste proxecto, fainos ver que imos polo bo camiño, con humildade, sen prometer mais do que podemos dar, pero dando todo o que temos, ilusion, esforzo e traballo.Soio asi podemos acadar que o Naron Freixo siga sendo un equipo de referencia no deporte de Ferrolterra.
.