A FGF decreta un minuto de silencio polos atentados de París

A petición expresa do Presidente, Rafael Louzán, a Federación Galega de Fútbol acaba de decretar un minuto de silencio a gardar antes de cada partido de fútbol que se dispute esta tarde nos campos galegos. Un minuto de silencio en memoria das vítimas dos lamentables atentados producidos onte en París e en solidariedade coas familias dos falecidos