TORNEO DE NEDA. INFANTIS

O domingo 10/06/2018 o infantil A participou no torneo de Neda. Quedamos encadrados no grupo co Neda A ,Portuarios A. As Pontes e Olímpico.


Non tiveron moita sorte os nosos infantís; no primeiro partido contra o Portuarios , antes do primeiro minuto….tiro ao pau dos nosos que se marcha fora e a continuación un tiro deles rebota nun defensa e nada pode facer o noso porteiro a pesar de que nun esforzo grande case consegue sacar o balón. O gol non quería entrar e que se repite a situación 8 min máis tarde e encaixamos o segundo gol, despois de enviaar de novo o balón ao traveseiro. Segundo partido contra o olímpico e sós diante do seu porteiro non acertamos a marcar e eles na única aproximación márcannos o 1-0 que sería o resumo final deste partido. Así as cousas 2 partidos e 2 derrotas. Chegamos ao terceiro partido contra os locais do Neda A, e temos ata 3 ocasións claras de gol que non acertamos, resultado final 0-0. Chegamos ao acrto partido do grupo contra As Pontes e novamente despois de ter unha clara ocasión e non acertar….márcannos na seguinte xogada. Aínda así o equipo non baixou os brazos, pelexando e dándolle a volta ao partido para gañalo finalmente por 2-1. En resumo, un bo torneo que de estar medianamente acertados cara ao gol metémonos/metémosnos en semifinais…..

A seguir traballando. Vamos Freixo!!!!!.