PLAY-OFF LIGA FUTBOL SALA

O fin de semana do 5 e 6 de maio, tivo lugar os Play- off da liga de futsal nas categorías de Prebenxamin, Benxamin e Alevin.
En categoría Alevín, os equipos A e B do Freixo chegaron a semifinais, aínda que ningún deles conseguiu o pase á Final. O Alevín A, impoñíase na fase previa ao Alevín C do Freixo e en cuartos gañaba ao Esteiro A para caer en semifinais contra o Unidade de Fene; mentres que o Alevín B, vencía na previa ao Esteiro B e en cuartos conseguía impoñerse ao Salmantina O Parrulo B pero non conseguiría superar ao Imafer O Parrulo C en semifinais.
En categoría Prebenxamín, o Freixo B, perdía nos penaltis, despois de empatar en primeira rolda ante o Colormix O Parrulo C e o Freixo A, despois de superar a primeira rolda por dous goles a cero ao Clinica Robur A Solaina B, caía ante os finalistas do Cidade de Narón que, ao cabo serían os subcampións de Liga.
Na categoría de Benxamines, os tres equipos do Freixo conseguían superar os oitavos de final. O cruzamento de cuartos, enfrontaba ao Freixo A contra o Freixo B, pasando os primeiros ás semifinais onde esperaba o Salmantina Ou Parrulo A. Despois dun partido moi disputado, os xogadores que dirixe Nani, conseguían o pase á Final.
O domingo, ás 17:45 no Pavillón da Gándara, O Cidade de Narón e o Narón O Freixo A, enfrontábanse nunha final moi igualada. Con empate a tres goles, a falta de vinte segundos para o remate do tempo regulamentarío, os xogadores do Cidade, conseguían anotar o cuarto e definitivo tanto que os proclamaba Campións de Liga. Os benxamines do Freixo, non tiñan tempo a reaccionar e terían que conformarse cun merecidísimo Subcampeonato despois dun gran partido e unha gran tempada.