OS ALEVINES CAMPEONS DE LIGA

O Narón Freixo, proclámase campión de Liga na categoría Alevin. Os xogadores de Marcos Otero, conseguiron o pase ao primeiro grupo, despois dunha primeira fase perfecta, onde obtiveron dez vitorias en dez partidos.

Clasificados como primeiros de grupo, quedaban dezaoito xornadas por diante nas que hai que demostrar regularidade para chegar ao final con opcións. E así o fixeron os alevíns do Freixo. Despois da primeira volta, o trío de cabeza tomaba distancia dos seus perseguidores e todo presaxiar que, a vitoria neste grupo ía ser cousa de tres.

Na segunda volta da liga, quedaba claro que, os tres equipos de cabeza serían os que chegarían ao final con opcións. Na antepenúltima xornada, cos alevíns do Racing de Ferrol un pouco descolgados dos dous primeiros postos, enfrontábanse Galicia de Caranza e Narón Freixo nun partido que, decidiría o Título da categoría.

Partido moi disputado entre ambos os equipos, o cal se decidiría cun solitario gol de KEKO para os do Freixo que, ao cabo daríalles os tres puntos e practicamente sentenciaban a liga. Quedaban dous partidos por diante e os xogadores de Marcos non tiñan pensado deixar pasar a oportunidade.

Un merecido título de liga, despois dunha excelente tempada nun equipo formado por, nove xogadores de segundo ano e catro de primeiro ano que renderon a un excelente nivel e conseguiron formar un bloque moi sólido.

Parabén e mención especial a tres xogadores do NARÓN FREIXO que, coa consecución deste título na categoría alevín, conseguen unha fazaña ao alcance de moi poucos. Se xa é difícil gañar un campionato, máis difícil é conseguir ser campións en categoría Prebenxamín,  Benxamín e Alevín.