IX TORNEO NEDA. PREBENXAMIN A

O sábado 09/06/2018 o “ Prebenxamín A” participou en Neda no “IX Torneo Homenaxe a Erico Pereira”:

No primeiro partido de grupo, xogaron contra o As Pontes, os nenos fixeron un bo enocontro, estiveron moi concentrados e gañaron 2-0. No segundo partido do día, contra O Val, tamén se xogou ben, e ante un bo rival fíxose un partido moi serio e gañouse de novo por 2-0.

Grazas a estes resultados clasificáronse para as semifinais como primeiros de grupo. A semifinal, contra o Neda, equipo organizador, foi un partido de moitos nervios e aínda que O Freixo púxose por diante, o Neda, a falta de tres minutos para acabar conseguiu empatar, así que o pase á final decidiuse a penaltis; o Freixo marcou os tres da súa quenda (moi ben tirados os tres) e o noso porteiro conseguiu eter un dos do Neda, clasificándose así para a final.

Na final, contra o Viveiro, a pesar de ter ocasións ao principio do partido, non se conseguiu marcar, e o Viveiro (que fixo un torneo sobresaliente) aos poucos foise impoñendo, aínda que O Freixo mostrouse competitivo en todo momento, os nenos nunca deron o partido por perdido e tiveron algunha ocasión, o resutado foi de 0-3 a favor do Viveiro, que se proclamou campión do torneo, obtendo O Freixo o subcampeonato.

Parabén aos Subcampións, polo gran torneo realizado !!!!!!!!!!!