I CAMPUS VERANO 2018. IGNACIO IGLESIAS VILLANUEVA

O Venres, 13 de xullo, contaremos coa presenza no noso I CAMPUS VERÁN NARÓN FREIXO – LSA, de IGNACIO IGLESIAS VILLANUEVA, árbitro de PRIMEIRA DIVISIÓN.

O colexiado de Pontedeume, que debutou en primeira división o 13 de setembro de 2010 nun encontro entre a U.D. Almería e a R. Sociedade, impartirá unha charla cos asistentes ao CAMPUS.

Desde a nosa pequena escola de fútbol, é un pracer ter a un colexiado en activo, que leva oito tempadas na máxima competición española e queremos agradecer a súa presenza no noso I CAMPUS VERÁN e aproveitamos estas liñas para AGRADECER a súa colaboración en todo momento con nos.