EL ALEVIN A DEL NARON FREIXO, CAMPEON DEL TORNEO CONVIVENCIA EN CATEGORIA ALEVIN 2018

 

O pasado fin de semana, tivo lugar o Torneo de Convivencia da categoría Alevin, disputado en Río Seco. Os dez equipos que disputaron a liga no grupo 21 de Ferrol, competían polo Trofeo de Copa nas instalacións Municipais de Narón.

Ás 10.00 horas, comezaba a rodar o balón sobre o céspede natural de Río Seco, dividido en dous campos de fútbol – 8. Por diante, un total de quince partidos de 25 minutos, para chegar á entrega de Trofeos, prevista para as 20:00 horas.

Finalizada a fase de grupos, quedaba para a tarde os enfrontamentos directos.

Os partidos de cuartos de final, non deparaban sorpresas e as semifinais disputaríanas os catro primeiros da liga, sendo os emparellamentos GALICIA DE CARANZA – EF. RACING DE FERROL “ C” e SDCR. NARON O FREIXO – CD AS PONTES

No campo 1, o Galicia de Caranza gañaba o seu partido cun claro 4 a 1, non dando opcións aos alevíns o Racing de Ferrol “C” que quedaban ás portas da final. Gran tempada a deste equipo, non esquezamos que son xogadores de primeiro ano de Alevín e semifinalistas de Copa e terceiros no grupo 21 de Liga.

O outro favorito, os xogadores da  SDCR NARÓN O FREIXO, disputarían un partido moi igualado contra os alevíns do  CD AS PONTES que se  decidia por un solitario gol.

A esperada final entre o GALICIA DE  CARANZA e a  SDCR NARÓN O FREIXO, un “desquite” do partido que decidiu a liga no Municipal de  Caranza e, ao cabo, tamén se ía decidir cun solitario gol para os xogadores do Freixo. Despois dun partido moi igualado, con ocasións para ambos equipos, un saque de esquina a falta dun minuto, era rematado á rede por  Pipe. O gol chegaba no tramo final do partido e non deixaba reacción para os xogadores do Galicia de  Caranza.

Desde a  SDCR NARÓN O FREIXO, queremos felicitar a todo o público asistente ao esta xornada de  conviencia polo ambiente festivo vivido nas bancadas durante toda a xornada, así como a todos e cada un dos integrantes dos dez equipos que disputaron o Torneo, en especial ao finalista, o Galicia de  Caranza, ao que desexamos moita sorte no Campionato Provincial que se celebrará o próximo 19 de maio.

Por último, quédanos felicitar ao equipo  alevin da  SDCR NARÓN FREIXO:  RUBEN, IKER, MARTIN,  PIPE,  OLI,  JAVI, IVAN, DIEGO,  GABRI,  KEKO, BRUNO, DANI e  SERGIO, ao seu adestrador MARCOS OTERO e ao seu delegado ALBERTO  PEREZ e, desexarlles sorte no Campionato Provincial. Un broche de ouro a unha excepcional tempada na que conseguen un dobrete, levantando o título de Liga e o de Copa.

PARABÉN