Categoría: Noticias Fútbol 8

SERGIO PRADOS INVITADO A ADESTRAR CO DEPORTIVO

O R.C. Deportivo da Coruña, convidou a participar nos adestramentos de final de tempada ao noso Alevín Sergio Prados Fernández. Despois de conseguir a liga e a Copa na súa categoría, e xogar a semifinais do Campeonato Provincial, a gran tempada de Keko, non pasou desapercibida na Coruña. 

Parabén, esperamos e desexamos que goces da experiencia.

GALERIA FOTOS PREBENXAMIN B

Galería de fotos dos Prebenxamins B, adestrados por NANO, GUSTAVO, JAVI e BENJAMIN. Subcampións da Copa Concello de Fene celebrada o pasado sábado en MANIÑOS. 

PARABENS

FASE INTERMEDIA DO CAMPIONATO PROVINCIAL CATEGORÍA ALEVÍN

O sábado 19 de maio, os Alevíns da  SDCR NARÓN O FREIXO disputarán a fase intermedia do Provincial, buscando un posto na Fase Final Galega.

O grupo 1º da Zona Norte, terá como sede o Estadio Municipal de Río Seco. Contará coa participación de oito equipos distribuídos en dous grupos. No grupo A, o CD LUGO, E.D.  XUVENTUDE OROSO, E. F. LUÍS CALVO SANZ e ATL. ARTEIXO, mentres que no grupo  B, o SANTIAGO DE COMPOSTELAC. F.,  C.D. CALASANZ e VITORIA  F. C. serán os rivais dos Alevíns da  S.D. C. R. NARÓN O FREIXO.

Despois de conseguir os Títulos de Liga e Copa, os xogadores de Marcos Otero, chegan a esta fase previa con moitas ganas e coa motivación especial de xogar en casa.

No grupo 2º da Zona Norte, os alevíns do Galicia de  Caranza, terán que desprazarse ata Becerreá, en busca da outra praza que dá acceso á Fase Final Galega. Os seus rivais no grupo  B, o OUTES CF, BERTAMIRÁNS FC e EF LALÍN e no grupo A, o  RC DEPORTIVO, o URAL CF, SD RESIDENCIAEFM  CONCELLO DE BOIRO. Desexamos moita sorte ao equipo alevín do Galicia de  Caranza adestrado por Sindo e Alexandre.

Os horarios dos partidos, pódense ver na ligazón que vos deixamos picando Aquí

Os partidos da fase de grupos terán unha duración de dous tempos de 15 minutos, comezando a rodar o balón ás 10:30 e finalizando esta fase de grupos ás 14:00 horas.

Os dous primeiros clasificados de cada grupo, disputarán as semifinais ás 17:35 horas, sendo a final e terceiro e cuarto posto ás 18:20. Con anterioridade, ás 17:00 horas, terán lugar as finais de consolación.

Desde aquí, animamos a toda a familia do NARÓN O FREIXO para que se achegue ao Estadio Municipal de Río Seco, para alentar aos nosos Alevíns.

Page 1 of 26
1 2 3 4 5 26