Categoría: Noticias F-11

ADESTRAMENTO SELECCION GALEGA SUB-12 E SUB-15

 

CONVOCATORIAS ADESTRAMENTO SELECCIÓN GALEGA FÚTBOL FEMENINA SUB-12 E SELECCIÓN DE FERROL SUB-15

 

As xogadoras Alevín e Infantil da S.D.C.R. NARON FREIXO, OLIVIA M. SAAVEDRA BARBERO E LAURA TESTA ROCA, foron convocadas para sendas sesións de adestramento coa selección galega de fútbol en categoría sub-12 e coa selección de Ferrol sub-15 respectivamente.

O vindeiro venres 23 de febrero, no campo de Zancade, as 18:00 horas comenzará o adestramento da selección Sub-12 que segue coa sua preparación para o campionato de España. As xogadoras da selección de Ferol sub-15, adestrarán o vindeiro martes, 27 de febrero, no campo do Maniños as 18:30 horas.

Noraboa pola convocatoria esperamos e desexamos que disfrutedes da sesión de adestramento.

 

 

 

 

 

 

IX EDICION LIGA LUIS CALVO

 

TORNEO LUIS CALVO

 

Despois de debutar na IX edición la Liga Luis Calvo contra o Racing de Ferrol en Río Seco e sacar un empate a dous goles, tocaba coller o bus para desprazarse a Lugo a disputar a segunda xornada da Liga Alevín de Fútbol 11, para xogar contra o equipo do Residencia de Lugo.

 

O partido, foi moi disputado, con gran parte do xogo no medio campo. Os nosos alevíns dispuxeron de varias ocasións, ainda que, as chegadas non foron claras en ningunha das áreas. O final, o partido decidiuse cun par de xogadas a balón parado, onde os xogadores lucenses estiveron máis acertados e conseguiron sacar un resultado de dous goles a cero. Unha vicotria xusta, ainda que estivemos moi cerca de acadar un empate.

Noraboa os rapaces polo gran partido disputado.

 

Page 1 of 2
1 2