Categoría: Fútbol Sala

I GALERIA FOTOS VIGO CUP 2018

A SDCR NARON O FREIXO participa no Torneo de fútbol sala VIGO CUP 2018. Dende onte e durante cinco días, os xogadores das categorías infantís, alevíns, benxamíns e pre-benxamíns disfrutan dunha convivencia na que están a pasalo en grande. Onte, día de partidos nos que houbo victorias, empates e tamén derrotas. O fútbol sala segue, hoxe pola tarde e mañán, pero tamén teñen tempo para outras actividades. Agora mesmo, toca visitalo ZOO.

TORNEO FUTBOL SALA VIGO CUP

A expedición da SDCR NARÓN O FREIXO, patiu a primeira hora da tarde de hoxe a disputar o TORNEO DE FUTBOL SALA VIGO CUP. Un total de catro equipo, un pre-benxamín, un benxamín, un alevín e un infantil, disfrutarán de cinco días na cidade de Vigo. Ademáis do fútbol sala, terán diversas visitas culturais, haberá tempo para a piscina e para unha convivencia que estamos seguros van disfrutar dende os mais pequenos, ata os máis maiores.

 

MOITA SORTE E DISFRUTADE DA EXPERIENCIA. 

VAMOS FREIXO!!!!!

CAMPIONATO GALEGO SELECCIÓNS COMARCAIS FUTBOL SALA. CATEGORIA BENXAMIN

Gran actuación da selección de Ferrol de fútbol sala en categoría Benxamín no Campionato Galego de Seleccións, disputado en Mondoñedo. Aínda que non conseguiu meterse na Final, acabou o campionato invicta despois de empatar no primeiro partido con Lugo a dous goles. O segundo rival era a selección da Coruña, ante a que os xogadores departamentais conseguiron a vitoria por sete goles a dous. No terceiro partido contra Santiago, un empate a un, non era suficiente para clasificarse para a final e era a selección de Lugo a que accedía a ansiada final contra a selección de Vigo, sendo finalmente a selección de Vigo a campiona do Torneo.

Felicitar a todos os xogadores participantes, en especial aos tres benxamines do NARÓN FREIXO que tiveron unha destacada actuación no Campionato.

PARABÉN

Page 1 of 22
1 2 3 4 5 22