Categoría: Campus Verano 2018

I CAMPUS VERANO 2018. VISITA ARSENAL FERROL

Seguimos presentando a oferta cultural e deportiva das actividades que imos levar a cabo no noso I CAMPUS VERÁN 2018.

O Xoves día 12 de xullo, en horario matinal, levará a cabo unha visita guiada polas instalacións do Arsenal Militar de Ferrol que incluirá un bautismo de mar nun dos Remolcadores da Armada Española. Durante o bautismo, poderemos contemplar de preto o Castelo de San Felipe e o Castelo da Palma, situados na canle da entrada da Ría de Ferrol. O castelo de San Felipe foi construído no século XVI. Na ría, como se mencionou anteriormente atópase o castelo da Palma e o castelo de San Martín (do que apenas se poden apreciar hoxe unhas ruínas), ambos no municipio de Mugardos. Entre o castelo de San Martín e o castelo de San Felipe tendíase unha grosa cadea no mar que impedía a entrada dos navíos inimigos á ría de Ferrol.

O castelo de San Felipe foi unha prisión para soldados. A finais dos anos setenta xa practicamente non tivo labor militar algún. En setembro de 1996 Defensa anunciou a saída a poxa por un total de 164.900.000 pesetas. Tras quedar deserta a poxa, finalmente foi adquirido no ano 2000 polo Concello de Ferrol por 165.000.000 de pesetas, o cal é o propietario actual.

I CAMPUS VERANO 2018. TIRO CON ARCO

Seguimos presentando as actividades que imos realizar no noso I CAMPUS VERÁN 2018.
 
TIRO CON ARCO
 
O CLUB ARCO NARON, preséntanos unha actividade de iniciación ao tiro con arco. Catro ou cinco monitores, darán unha clase desta disciplina, na que os nenos poderán iniciarse na devandita actividade e gozarán dunha xornada que levará a cabo no Anexo de Río Seco.
 

Esperamos e desexamos que esta actividade sexa de voso agrado e anímevos a participar no noso CAMPUS VERÁN 2018.

Aos poucos irémosvos contando novas actividades deportivas e culturais

CAMPUS VERANO 2018 LSA – NARON FREIXO

En primeiro lugar, queremos agradecer a gran acollida que está a ter o noso CAMPUS VERÁN 2018. Aos poucos, a través da nosa páxina web, iremos poñendo as actividades, tanto culturais como deportivas que temos previsto realizar entre o 9 e o 14 de xullo.

RUTA EN KAIAK

Ruta en Kaiak polo Río Eume. A empresa CABANASKDM OCIO ACTIVO, levaranos polo Río Eume, un descenso en contacto coa natureza, en embarcacións autovaciables e insumergibles, para as cales non é necesario ningunha experiencia. Todos os participantes estarán equipados con chaleco salvavidas e medios de seguridade necesarios para garantir unha experiencia segura, supervisada en todo momento polos monitores e co apoio dunha embarcación de motor. Ademais, os pequenos que non desexen realizar o descenso, realizarán diversos xogos cos monitores na beira do río Eume.

 

 

CAMPUS LSA LETONIA

Mais de cen nenos no campus de LSA celebrado en Riga, Letonia fai quince días. Enric Barri e Fede Bessone, ambos na foto, tamén estarán connosco no noso CAMPUS de Verán 2018, ademais de moitas máis sorpresas e actividades culturais e deportivas que estamos a preparar. Será unha gran experiencia.

Reserva a túa Praza!

 

DOCUMENTO INSCRIPCIÓN CAMPUS VERANO 2018

Xa temos o documento de inscrición para o noso CAMPUS DE VERÁN 2018. Podédelo descargar picando Aquí

Unha vez cuberto e asinado, hai que envialo ao seguinte email do club: coa seguinte documentación:

FOTOCOPIA CARTÓN SANITARIO

FOTOCOPIA DO INGRESO REALIZADO

FOTOGRAFÍA DE CARNET

Aos poucos iremos deixando máis información sobre as actividades que temos preparadas, tanto culturais, como deportivas.

OS ESPERAMOS!!!!!

Page 1 of 2
1 2