CAMPUS VERANO 2018 LSA – NARON FREIXO

En primeiro lugar, queremos agradecer a gran acollida que está a ter o noso CAMPUS VERÁN 2018. Aos poucos, a través da nosa páxina web, iremos poñendo as actividades, tanto culturais como deportivas que temos previsto realizar entre o 9 e o 14 de xullo.

RUTA EN KAIAK

Ruta en Kaiak polo Río Eume. A empresa CABANASKDM OCIO ACTIVO, levaranos polo Río Eume, un descenso en contacto coa natureza, en embarcacións autovaciables e insumergibles, para as cales non é necesario ningunha experiencia. Todos os participantes estarán equipados con chaleco salvavidas e medios de seguridade necesarios para garantir unha experiencia segura, supervisada en todo momento polos monitores e co apoio dunha embarcación de motor. Ademais, os pequenos que non desexen realizar o descenso, realizarán diversos xogos cos monitores na beira do río Eume.