CAMPIONATO DE ESPAÑA FEMENINO SUB-12

 

CONVOCATORIA CAMPIONATO DE ESPAÑA SELECCIÓN GALEGA FEMENINA SUB-12

 

Olivia Saavedra Barbero, xogadora do Alevin A da S.D.C.R. NARON FREIXO, foi convocada pola Selección Galega Femenina Sub-12, para participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA COA SELECCIÓN GALEGA FEMENINA SUB-12 e será unha das 14 xogadoras que leva a seleccionadora Susú Cores o vindeiro fin de semán a localidade de San Pedro del Pinata en Murcia.

A selección Galega, enfrontarase a Andalucía, Castela e León, Castela A Mancha e Baleares na fase de grupos na loita polo CAMPIONATO DE ESPAÑA da categoría entre os días 16 e 18 do mes de marzo.

Desexamos moita sorte o combinado e damos a noraboa a todas as seleccionadas e de forma especial a OLIVIA SAAVEDRA BARBERO, que obtén un merecidísimo premio o traballo e esforzo. Disfruta da experiencia do Torneo.

 

NORABOA